O futuro da túa contorna está na túa man

Pola economía local

Pola saúde

Pola sostibilidade

Cada acción da túa vida cotiá repercute na túa zona. Segundo sexan os teus hábitos de vida podes apoiar en gran medida a economía local.

Desde a asociación Eurural querémosche mostrar os proxectos tan interesantes que tes ao ten carón.

De concellos como A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño ou Tui están a xurdir produtos de gran calidade. Na túa man está facer un consumo consciente e incluílos no teu día a día. Deste xeito axudas a economía de proximidade e evitas o éxodo ás grandes cidades

Temos a posibilidade de mellorar a nosa contorna, a nosa sociedade e a economía local cun pequeno xesto: mercar ás persoas que producen e transforman produtos na nosa zona.

Queres saber onde atopar eses produtos?

Consulta a nosa base de datos na que poderás filtrar por tipoloxía e ver toda a información dos nosos produtores/as e puntos de venda

Descobre

O camiño cara un futuro sostible parte de ti.
E todo o bo que trae consigo tamén será parte de ti.
Ver historias

Queres formar parte deste proxecto?

Se es produtor/a, transformador/a ou tes un punto de venda de produtos locais, preme aquí:

Interésame!