A historia de
ANTÍA POUSA

Un pequeno negocio de hostalería no rural de Tomiño foi o primeiro paso para que a familia Pousa decidira dar un paso máis alá e ampliar a oferta. Se viñan á súa casa a comer ou cear por que non podían darlles pousada para durmir? Esa idea colleu corpo na parroquia de Figueiró. Alí é onde hoxe está ubicado o conxunto turístico Alto da Pousa.

O que chama a atención é o deseño. Seis estruturas xemelgas de planta rectangular, escalonadas e con tellado a dúas augas. Esa é a forma arquitectónica que se repite até sumar un total de seis apartamentos para gozar da contorna natural do Baixo Miño.

O Alto da Pousa é un residencial turístico contemporáneo sen máis pretensións que ofrecer comodidade e contacto co rural.

Á xente que nos visita sorpréndelle moito a contorna

― Antía Pousa ―