A historia de
DANIELA IRIMIA

Despois de viaxar e coñecer mundo Daniela e Noé volveron para casa e comezaron a imaxinar que podían facer para comer san e variado. Así apareceu a idea de abrir un negocio n’A Guarda, o lugar ao que volvían para comezar o seu proxecto vital.

Logo de consultar, asesorarse e darlle unha volta ao conxunto de ideas que abrollaron, optaron, finalmente, por abrir unha pequena tenda á que chamaron A Lacena Comida espida e descubriron que os seus veciños e veciñas aplaudían a iniciativa porque no pobo non había nada dese estilo.

O que ofrecen é un amplo surtido de produtos a granel: arroces, legumes, pastas, froitos secos ou froita deshidratada; produtos de confianza que, como din, eles mesmos consomen.

Hai certos produtos que a xente cada vez máis busca que sexan ecolóxicos ou biodegradables

― Daniela Irimia ―