A historia de
MANUEL PIÑÓN

“Unha rosca non deixa de ser unha rosca”, ou iso é o que dicía a avoa de Manuel Piñón da pastelería Copena de Gondomar. E daquela rosca ben feita hoxe vive, en parte, un negocio que atende a traballar con produto caseiro e respectando, sempre, o proceso de elaboración e os tempos para facer a rosca.

Se entras pola de Copena tamén entenderán se pides un roscón, unha trenza ou un boleardo, porque hai moitos xeitos de nomear a este produto que todo o mundo coñece.

Din eles que cando a rosca sae do forno é coma comer unha nube. Tes que probar a experiencia para saber se é verdade o que din. Atrévete.

O noso segredo está en utilizar materia prima, materia prima de verdade. No noso almacén temos cousas que calquera familia ten na casa

― Manuel Piñón ―