A historia de
NURIA NOVELLE

A confraría de Redondela-Cesantes é unha das máis importantes do territorio GDR14. Os seus bancos marisqueiros de Chapela e Cesantes producen ameixa, berberecho e longueirón vello. Esta peza, sobre todo, fará fincapé nun traballo que é realizado fundamentalmente por mulleres. Nuria a protagonista do vídeo é unha muller que activou, xunto a outras compañeiras e compañeiros, a empresa AMARTURMAR, unha experiencia piloto que se dedica á promoción do turismo mariñeiro.

O mar ten un futuro impresionante pero temos que coidalo, temos que saber traballalo para que sexa sostible.

― Nuria Novelle ―