A historia dePABLO QUINTAS

Foi a casualidade a que fixo que Pablo Quintas se atopara coa arxila e o torno para facer camiño como artesán despois de probar noutros ámbitos e linguaxes de creación artística.

O seu proxecto Ceramicaq naceu para crear pezas utilitarias de barro cun fin comercial. Pratos, cazolos ou bandexas e outros utensilios cunha forte inspiración formal nas texturas de orixe orgánica. Tamén deixa voar a súa creatividade realizando escultura.

Completa o seu labor como artesán impartindo clases de iniciación á cerámica.

Atopei no barro un material que me permitía expresarme como non me permitían outros materiais que tocara antes

― Pablo Quintas ―