A historia de
PATRICIA RODRÍGUEZ

A vida de Patricia Rodríguez e a da súa familia cambiou coa chegada da covid-19. O negocio de flor cortada, que era a súa principal fonte de ingresos, caeu en desgracia por culpa do confinamento e tiveron que reinventarse.

Os invernadoiros da empresa familiar deixaron de producir flores para transformarse nunha explotación de hortalizas e froita. E naceu “Na abada”, un negocio familiar, ubicado na parroquia de Taborda (Tomiño), que aspira a asentarse para producir de xeito sustentable alimentos de proximidade que reparten a domicilio.

A voz que dá nome ao seu negocio “abada” indica a porción ou cantidade dunha cousa que se pode levar na aba dun vestido, mandil etc.

Sempre crin que era posible vivir do agro.

― Patricia Rodríguez ―