Moito que ofrecer…

Es produtor/a, transformador/a, ou tes un punto de venda de produtos locais? Continúa lendo, isto interésache!

Desde Eu Rural lanzamos esta campaña para concienciar á xente da importancia e os beneficios de consumir produtos locais de calidade e darlle visibilidade a eses produtos.

Queres formar parte deste proxecto?

Se es produtor/a ou transformador/a nalgún destes concellos de Eurural:
A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño ou Tui…

Ou se tes un punto de venda (en calquera localidade ou incluso online) onde vendes produtos destes concellos…

Contacta con nós para incluír o teu produto ou punto de venda no noso directorio: